Monday 06 de May de 2024

O Combo Dominicano, Galilea e Cinema, primeiras confirmacións das festas de San Pedro de Miño


• As orquestras, contratadas por vez primeira mediante procedemento negociado sen publicidade, son só un adianto dunha programación festiva máis extensa.

 

As festas na honra de San Pedro, en Miño, van deixando as súas primeiras pinceladas coa confirmación da contratación das orquestras Combo Dominicano, Cinema e Galilea.

Os festexos, que este ano terán lugar os días 28,29 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo, contarán con estas tres orquestras nunha programación máis extensa e que se dará a coñecer en próximas datas.

Deste xeito, coa aprobación do expediente de contratación, por primeira vez mediante procedemento negociado sen publicidade por razóns artísticas, o goberno local asegura a presenza en Miño de tres das agrupacións máis destacadas no ámbito da verbena galega.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, indica a súa satisfacción “por poder ofrecerlle á veciñanza e ás persoas visitantes unhas festas acordes ao que Miño e a súa xente merécese”.